jueves, 16 de septiembre de 2010

OUTONO GASTRONÓMICO


Coma en anos anteriores iníciase a tempada de outono en turismo rural atacando por onde máis nos gusta, o bo comer e o bo beber. Casa Pousadoira participa no Outono Gastronómico, que consiste nun paquete de aloxamento con almorzo incluido máis un menú especial, propio do outono, composto por productos de primeira calidade, moitos deles colleitados ou criados na nosa propia finca e cociñados con esmero para convidarvos a saborear o outono, unha época especialmente agradable para visitarnos. Hai menos xente que no verán, moi boa temperatura, se vai algo de frío pódese empezar a encender o lume polas noites, as cores do campo e do monte son moi fermosas, e é tempo de colleitas deliciosas: setas, castañas, cabazas, uvas...

viernes, 27 de agosto de 2010

El final del Verano



Se va acabando agosto y ya hay mucha menos gente por casa. Ha sido un verano corto pero intenso. Desde aquí qeremos dar las gracias a todas las personas que nos han visitado este año. Muchas gracias por escoger nuestra casa. Esperamos haber cumplido en buena medida vuestras espectativas, y si en algún caso no ha sido así, sentimos haberos defraudado. Queremos compartir algunas de las palabras que nos dejaron nuestros huéspedes en el libro de visitas de la casa.

jueves, 19 de agosto de 2010

ADEUS SUAVE


Tivemos que regalar a Suave. O noso precioso Golden retriever era moi amistoso con todo o mundo... menos cos nenos. Sí, incrible verdade? Pois a este can non lle gustaban nada pero nada. Pensamos que tiña ciumes, quería ser un neno máis, e meteulle o dente duas veces a Artur, o noso neno, e queimou o seu último cartucho o outro día que tamén marcou a meu sobriño. Con pena tivemos que tomar a decisión de regalarllo a outra persoa.
Adeus, Suave.

miércoles, 23 de junio de 2010

A maxia dun vagalume



Levamos duas noites comtemplando casi á porta da nosa casa algo raro de ver e fermosísimo. Un vagalume, un verme de luz, unha vella facendo nas papas, como lles chamaban na miña aldea. Sempre me parecen máxicos. Pequenas luciñas nas silveiras, que viamos de pequenos cando algunha vez volviamos dunha festa moi tarde para os nenos. Agardamos poder velo de novo hoxe á noite, a noite máis curta do ano, mentres facemos a lumeirada e asamos as sardiñas

domingo, 6 de junio de 2010

1995


José Vicente y Karin, fueron nuestros primeros huéspedes, en julio de 1995. Todavia no teníamos ni libro de visitas, pero quisieron dejarnos su dedicatoria. No existía internet ni GPS, el camino a casa no estaba señalizado, pero ellos llegaron y se quedaron una semana. No les asustó nuestra juventud e inexperiencia y nos dieron la oportunidad de empezar nuestra alternativa de vida en el medio rural.

domingo, 16 de mayo de 2010

Benvidos


Benvidos ao blog de Casa Pousadoira. Este blog funcionará como libro de visitas e nel vostede podera subir as fotos que desexe e facer os comentairos que considere oportunos. Levamos dende o ano 1995 coa nosa casa aberta ao público. Durante todos estes anos moitas persoas deixáronnos as súas impresións e comentarios sobre a súa estancia na nosa casa escritas en papel. Agora temos a oportunidade de compartilas gracias á tecnoloxía, e quixemos facer unha escolma de todos estes anos.

Gracias a todos e todas os que nos visitaron

Bienvenidos al blog de Casa Pousadoira. Este blog funcionará como libro de visitas y en el usted podrá subir las fotos que quiera o hacer los comentarios que considere oportunos.
Llevamos desde el año 1995 con nuestra casa abierta al público. Durante todos estos años muchas personas nos dejaron sus impresiones y comentarios sobre su estancia en nuestra casa. Ahora tenemos la oportunidad de compartirlas gracias a la tecnología, y quisimos hacer una muestra de todos estos años.

Grazas a todos y todas los que nos han visitado.